miércoles, 30 de enero de 2013

ÚLTIMOS TRABALLOS DAS OLIMPIADAS DO SABEL

Xa chegaron á clase, os últimos traballos das Olimpiadas do Saber de este mes de Xaneiro. Hoxe, Evelyn e Nahir, contánronnos dos muiñeiros, os encargados de vixiar pacientemente a que o muiño fixera lentamente o traballo de moer o millo que a xente lle levaba, soubemos que se moven pola forza da auga dos ríos, por iso están sempre ao lado deles, Nahir no seu traballo ata nos poñía as partes deste e que, mentras a xente esperaba pola fariña, xurdían cantigas e bailes como ese que todos coñecemos como: " A muiñeira ".

Pablo, contounos das leiteiras, como antes non había supermercados, eran elas as encargadas de levar na cabeza o leite, contounos ademais que a súa avoa de pequecha tamén o ten levado.

Daniel, falounos dos limpiadores de zapatos, eses homes que estaban polas rúas dispostos a limpar os zapatos dos que os tiveran manchados.

POIS POR SABIOS, AS VOSAS MEDALLAS, SODES UNS CAMPIÓNS !








No hay comentarios:

Publicar un comentario