miércoles, 30 de enero de 2013

DÍA DA PAZ

 Hoxe celebramos o día da Paz, todos levamos postas as bandeiras da Paz que pintamos na clase e a profe plastificou.


Nos días anteriores, todos fomos traendo o noso desexo da Paz metidiño nun bolsillo para, construir a árbore dos desexos.


Hoxe, era o día de decirlle o noso desexo de Paz a tódolos compañeiros do cole, fixémolo eso sí, coa axuda da fada da Paz.


PABLO pediu, que todos os nenos-as compartan as súas cousas.
RADU, que o seu irmá Tudor non lle pegue.
JORGE, que todos sexamos amigos.
DANIEL, que teñamos Paz no mundo.
MAURO, non pelexar coa súa irmá Alba.
NAHIR, que non teñamos guerra no mundo.
HUGO, que os nenos-as non nos peguemos.
NIDIA, que nos temos que querer.
ALEI, que os nenos-as non pelexemos nunca máis.
EVELYN, que non a empuxen os seus amigos.
XOEL, tolerancia e amor.
LUCÍA, que ninguén se enfade.
MIGUEL, que todos os seus desexos se fagan realidade.

Despois a fada fixo o conxuro da Paz .



Que todos tomamos encantados, e, esperamos que nos faga efecto e todos os desexos que pedimos se fagan realidade.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario