Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de abril de 2013

NOVO LIBRO NO RECUNCHO DA BIBLIOTECA

Despois de estar varias semanas no mural do pasillo, agora xa forma parte do noso recuncho da biblioteca o conto: " O ALBANEL ALBERTO ", feito entre todos, por eso, é un dos que máis nos gusta.
O outro día Radu contoullo aos seus compañeiros-as.


miércoles, 20 de febrero de 2013

GRABANDO VOCES

Nesta semana, inventamos un pequeno conto entre todos-as. 
Hoxe, estivemos grabando dito conto no ordenador, a experiencia foi bastante ben a xulgar polo excelente comportamento dos nenos e nenas que, foron moi respetuosos cos compañeiros-as gardando silencio nos momentos da grabación e, o incómodo que foi para algúns xa que, case non lle servían os cascos.























miércoles, 5 de diciembre de 2012

CONTACONTOS

ONTE, VISITOUNOS NO COLE, ANXO MOURE, UN MARAVILLOSO CONTACONTOS QUE, NOS CONCIENCIOU UN POUQUIÑO A TRAVÉS DOS SEUS CONTOS DA IMPORTANCIA QUE TEN COIDAR OS NOSOS MONTES E TODAS AS ESPECIES QUE NELES SE ATOPAN.
OS ALUMNOS-AS DO CON DISFRUTARON MOITO CON EL.
 







lunes, 3 de diciembre de 2012

CONTO: LOS MEJORES JARDINEROS

O VENRES, NA BIBLIOTECA ESTIVEMOS VENDO UN CONTO NA PANTAIA DIXITAL QUE ATOPAMOS EN INTERNET, EN XERAL GUSTOU BASTANTE, A TRAVÉS DEL, VIMOS OUTRA PROFESIÓN Á QUE NOS PODERIAMOS ADICAR DE MAIORES.
DISFRUTRÁDEO!.
 
 

lunes, 29 de octubre de 2012

TALLER DE BRUXAS

SI VOS APETECE FACER BRUXAS COMA AS QUE FIXEMOS NA NOSA CLASE NO TALLER DE BRUXAS, AQUÍ ESTÁN OS MATERIAIS E PASOS A SEGUIR:

MATERIAIS: cartulina negra, culler de pao, témperas, lá, plastilina, plástico que queda despois de tomar as pastillas ( reciclamos ), gomets.
 

PASOS:
 


1º: Pintamos a culler con témpera.


2º: Picamos dous triángulos en cartulina negra, un grande para facer o vestido e , un pequeno para facer o gorro. Recortamos unhas tiras para facer os brazos.
 
 
3º: Pegámoslle as mans ( gomets ).
 
 
4º: Poñemos  o pelo feito coa lá.
 

5º: Pegamos as diferentes partes sobre a culler.



6º: Facemos os ollos con plasti e cos restos que quedan das pastillas.


7º: Pintámoslle a boca.


8º: Pintámoslle o naris.


9º: Listas !...




 
 
 



  



CONTOS

LA BRUJA QUE CONSIGUIÓ FLOTAR

Este foi o  conto que, estivemos escoitando estos días debido a temática que estamos a tratar, encontrámolo en internet e pareceunos moi divertido.
Despois de escoitalo fixemos un debuxos a partir del.
 


CONXURO

   NO TEMPO DE SAMAÍN, OS ALUMNOS-AS DA CLASE DE 4 ANOS, APRENDEMOS ALGUNHAS COUSAS DE BRUXAS, POR EXEMPLO, QUE FAN CONXUROS, ASÍ QUE, NÓS PREPARAMOS O NOSO PARTICULAR, ASÍ NOS QUEDOU:



jueves, 25 de octubre de 2012

SAMAÍN

ESTÁ CHEGANDO O SAMAÍN


   Como a piques está de chegar o Samaín, os nenos e nenas da clase de 4 anos, imos colaborar na decoración do Cole facendo unhas cabazas, a verdade e que tivemos que picar bastante pero o resultado foi moi chulo a que si ?.