jueves, 24 de enero de 2013

SILLA BOCA - SILLA ORELLA

O mércores cando cheguei á clase pola mañá, atopei, dúas sillas, nunha había unha boca e noutra unha orella, ao chegar os meus alumnos-as, pronto me explicaron que ocurría:
O martes, tiveron o taller de habilidades sociais coa profe Lucía e, propúxolles esta estratexia para a resolución de conflitos, asi que, de agora en diante, cando xurda algunha disputa tentarán resolvela falando o que estea na silla boca e, escoitando o que estea na silla orella, iranse cambiando de silla para ir chegando a un acordo. 
XENIAL PROFE LUCIA !


No hay comentarios:

Publicar un comentario