jueves, 24 de enero de 2013

SEMANA DA PRENSA

Esta semana entre outras cousas, tivemos algún tempo adicado á prensa debido a que como todos-as sabedes temos que elaborar o periódico do cole.
Por esta razón, no recuncho da biblioteca, esta semana apareceron periódicos que todos miramos moi atentamente para ir sacando algunhas conclusións.



Algunhas observacións non tardaron en saír:
  • Había letras grandes, medianas, pequenas e máis pequenas.
  • As grandes serían para o  título,  e as máis pequenas para contar a noticia.
  • Tamén atopamos moitas fotos que reflexan o que pasa na noticia.
Pero a cousa non quedou ahí, seguimos outros días observando e vimos que os periódicos ademáis de contarnos noticias tamén:

TEÑEN XOGOS ( PASATEMPOS )


 MAPA DO TEMPO


ANUNCIOS


INFÓRMANNOS DE QUEN MORRE


TAMÉN DE DEPORTES ...

Con todo isto e, algunha coisiña máis que foi saíndo, xa estamos preparados para escribir a nosa noticia:
  • xa decidimos o que queriamos contar.
  • e, cal vai ser o titulo.
Pero aínda nos queda moito por facer: 
  • Buscar as imaxes e,
  • O máis difícil, redactar a noticia.
A semana non deu para máis, mañá xa é venres e, celebraremos os cumples dos de Xaneiro así que, creo que teremos que ter máis semanas da prensa.
De tódolos xeitos as noticias non as saberedes ata que o periódico saia publicado ao final do curso.











No hay comentarios:

Publicar un comentario