lunes, 8 de abril de 2013

OS GUSANOS DE SEDA

O venres, cando os nenos-as chegaron á clase viron que había unha cousa nova:

UNHA CAIXA


Despois de darlle algunhas pistas do que podería haber nela, adiviñárono:

GUSANOS DE SEDA


Despois de velos un a un, coloquei a caixa no recuncho e observáronos un pouquiño máis.

OBSERVACIÓN COLECTIVA


Agora temos que coidalos, grazas á profe Yolanda que o curso pasado tamén trouxo gusanos, xa saben que hai que darlles de comer follas de moreira, limpalos e observar como se van transformando de ovos a gusanos, de gusanos pequenos a gusanos grandes, como logo fan o casulo e se transforman en bolboretas.
Este curso grazas á profe María que nolos regalou poderémolo ir observando na nosa clase.



No hay comentarios:

Publicar un comentario