martes, 2 de abril de 2013

OLIMPIADAS DO SABER

Entre o último día de escola e hoxe, os nenos-as da clase, seguiron facendo as súas achegas para contarnos os seus descubrimentos das ferramentas empregadas antiguamente.

RADU: contounos do microscopio, un aparello empregado para ver aquelas cousas que nos resulta imposible ver cos nosos propios ollos,  deunolo a coñecer GALILEO GALILEI.


JORGE: trouxonos información das planchas, os gregos planchaban cunha barra de ferro cilíndrica que quentaban; os vikingos planchaban cunha peza de ferro como un hongo invertido; no século XV á plancha chamábanlle " caja caliente ".


NAHIR: falounos do berbiquí, ferramenta empregada para facer os buracos na madeira, a súa evolución deu lugar ao taladro de man que hoxe en día é substituido polo eléctrico.





No hay comentarios:

Publicar un comentario