lunes, 18 de marzo de 2013

VISITA A BALAIDOS

O venres todos os nenos e nenas do colexio, foron ao estadio de futbol de Balaidos, penso que lle gustou bastante e, algunhas cousas aprenderon.

O primeiro que viron foi a sala de prensa, donde os periodistas lles fan preguntas aos xogadores:


A continuación foron ao museo, viron claro está moitos trofeos, a fotografía do primeiro Real Club Celta, como eran as equipaxes dos futbolistas, as primeiras pelotas, o autobús no que viaxaban, tamén a súa mascota " Celestino ", o trofeo máis importante que, precisamente é o máis pequeno, outros importantes gañados en Vigo, como eran as primeiras maletas nas que levaban as equipaxes, ... A verdade, todo moi interesante mirade a presentación e veredes:





visita a balaidos ( museo ) - foto montaje

Despois da visita ao museo, baixamos aos vestuarios:


Pero o que máis ilusión lles fixo, foi saír ao campo a través do túnel, como os verdadeiros xogadores:


Unha vez no campo, puideron observar o grande que era e, non se resistiron a facer unhas carreiriñas :





visita a Balaidos ( campo ) - diapositivas

Todo fenomenal e como non, para despedirnos unha foto para o recordo:


No hay comentarios:

Publicar un comentario