Hoxe, para rematar os traballos gráficos que fixemos co motivo da saída a Balaídos, os nenos-as, tiñan que colorear unhas botas de futbol, escribir BOTAS e, poñer o número que terían que ter para que nos servisen.
Foi entón cando xurdiu unha pregunta:
- que temos que facer si queremos comprar unhas botas de futbol ?. As respostas non tardaron en saír: - ir a unha tenda e compralas.
- Continuaron as preguntas: como sabe a/o dependente cales son as que me sirven ?- rápidamente contestaron que lle tiñamos que decir o número.
- como sabemos o número ?- de inmediato dixeron que o tiñamos que mirar no zapato.
Pois iso foi o que fixeron, buscar no seu zapato, o número que usaban.
Xa sabemos algunha utilidade máis que teñen os números na vida diaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario