miércoles, 6 de marzo de 2013

O RECUNCHO DA TRANQUILIDADE

En días anteriores, estivemos a falar de aquelas cousas que aos nenos-as, lles facían estar máis tranquilos naqueles momentos nos que se sentían nerviosos, alterados, intranquilos, ... foron saindo cousas das que eleximos:
- un  sofá.
-  unha manta.
- un cojín.

Despois disto, decidimos en que lugar da clase  podiamos poñer esas cousas para construir un recuncho con elas.

Por último  de entre varios  nomes puxémoslle : recuncho da tranquilidade, que lle gustou máis que, recuncho tranquilo, recuncho da relaxación,...

Hoxe cando chegaron á clase atoparon ese novo recuncho que, agora tentaremos empregar dun modo axeitado, para elo, en días posteriores, escribiremos as normas para ir a él, pero o máis importante, que lles sirva para tranquilizarse nos momentos que se sintan moi alterados que, últimamente son a miudo.



1 comentario:

  1. QUE COSAS TAN GENIALES HACEN NUESTROS NIÑOS CON LAS PROFES DEL COLE DEL CON BESITO PARA TODAS Y EN ESPECIAL PARA INES

    ResponderEliminar