XOEL, contounos sobre as máquinas de escribir antiguas que, había que presionar fortemente as teclas para escribir:
MAURO, informounos de que antes as máquinas de coser, non eran eléctricas e para que funcionasen había ou ben darlle aos pedales ou á manivela:
HUGO, falounos do yunque, un soporte de ferro que, empregaban os ferreiros para traballar encima del:
ALEI, tróuxonos á clase un antiguo cepillo de carpinteiro que pertencía ao seu avó, agora son eléctricos pero, naqueles tempos, eran de madeira e ferro e, empregábanse para rebaixar a madeira.
LUCÍA, EVELYN E MIGUEL, contáronnos das planchas que había antes, eran de ferro e tiñan un mango de madeira, eran de carbón e, para que funcionasen non se enchufaban como as de agora, había que meterlles dentro carbón; as planchadoras tiñan que ter coidado porque, ás veces saltaban faíscas e queimaban a roupa.
Descubrimos tamén que debido ao material do que estaban feitas antes non se decía planchar senón, pasar o ferro.
Grazas á avoa de EVELYN, pudemos ver unha de verdade.