jueves, 6 de junio de 2013

VISITA DE ANA

Este martes, visitounos Ana, a mamá de Hugo que é peluqueira.


Ensinounos un montón de materiais que emprega: maquinilla para cortar o pelo, a navalla de afeitar, os tubos para encrechar o pelo, os bigudíes, as planchas, a pistola de queratina para pegar as extensións, diferentes tipos de peines, as tesoiras que cortan e as que rebaixan o pelo.
Un montón de cousas que nos van a dar xogo para traballar esta semana.




MATERIAIS PELUQUEIRA - diapositivas

Ensinounos como se tiñe o pelo:





TEÑIR O PELO - diapositivas

vimos como eran as planchas do pelo, que sirven para alisar pero tamén para ondular:



Probamos a capa para non mancharse cando vas á peluquería:





CAPA - diapositivas

Contounos que co pelo artificial se poden facer perrucas ou poñer extensións.






Peinou a todos os nenos e púxolle unhas extensións de cores ás nenas.








PEINAR - diapositivas

Algúns quixemos pintar as uñas:



PINTAR AS UÑAS - diapositivas

Para rematar, dounos un masaxe con unha especie de araña, a uns relaxounos, a outros facíalle cóxegas e a outros moita risa.



MASAXE - diapositivas


MOITAS GRAZAS ANA POR VIR !

No hay comentarios:

Publicar un comentario