martes, 11 de diciembre de 2012

A LUZ DO NADAL

A PRÓXIMA SEMANA DESPEDIREMOS ESTE PRIMEIRO TRIMESTRE, E QUERÉMOLO FACER CANTANDO UNHA PANXOLIÑA: " A LUZ DO NADAL " QUE, A VERDADE NOS ESTÁ COSTANDO UN POUCO POR ISO, NAS SEGUINTES LIÑAS VOS ESCRIBO A LETRA PARA QUE A VAIADES PRACTICANDO COS NENOS E NENAS, ESPERO MAÑÁ PODER ENGADIR A MÚSICA PARA QUE A POIDADES ENTONAR. GRAZAS POR AXUDARNOS !.

A LUZ DO NADAL
 
Os nenos camiñan
e xogan e brincan
na rúa calada
que cobren de risas.
 
E inventan trouleiros
palabras de neve
que borran as penas
que a terra non quere.
 
Cantigas e risas
veñen anunciar
que peta na porta
a luz do nadal.
 
Un nadal que amose
como vai a vida.
Un nadal que cure
con paz as feridas.
 
Un nadal que abrigue.
Un nadal turrón !.
Un nadal que acougue
Un nadal canción !.
 
 
 
 
 
 




No hay comentarios:

Publicar un comentario