jueves, 2 de mayo de 2013

VISITA RÍA BAROSA


CHEGADA A BAROSA:

Como todos sabedes, o martes fomos a Barosa.
Nada máis chegar vimos un pouquiño o entorno e unha mascota moi simpática que tiñan alí, unha troita.
Despois como chovía un pouco, e, non poidemos buscar animais, o monitor ensinounos algúns deles en imaxes, logo estivemos vendo, como a auga pasaba por debaixo do muiño para facelo funcionar.



CHEGAGA BAROSA - diapositivas

O MUIÑO:

Despois, vimos mazorcas de millo, graos de millo e trigo e, como quedaban feitos fariña despois de moelos.
A continuación vimos un muiño de verdade e repasamos como se chamaban cada unha das partes.
O monitor ensinounos paso paso o que había que facer: poñer o millo na moxega, abrir a auga, darlle paso, regular a altura do muiño e, poñelo a moer.
Logo de que saíu a fariña, a peneirar !, para que quede limpiña.
Algúns dos nenos-as axudárono a facer todas estas tarefas.



VENDO O MUIÑO - diapositivas

O FORNO:

Despois de ter a fariña, pasamos a ver un forno, onde se coce o pan.
Ademais de ver o profundo que era, vimos diferentes ferramentas e tamén a maneira de tapalo para que non entrase nada de aire.






A MERENDA:

Despois de tanta información, necesitabamos merendar.





AMASAMOS:

Despois de recuperar forzas, chegou o mellor, ensináronnos o ingredintes necesarios para facer o pan, unha vez lograda a masa, a amasar !.
O monitor amosounos como facer barras, moletiños, ...



AMANSANDO NO PAN - diapositivas
E seguimos a amasar.



AMANSANDO 2 - diapositivas

CONTO DE DESPEDIDA:

Antes de marchar para o cole, contáronnos un conto e, tiramos grans de millo a auga, antes eso sí pedindo un desexo.










No hay comentarios:

Publicar un comentario