jueves, 2 de mayo de 2013

HOXE VISITOUNOS A NAI DE NAHIR

CHEGOU Á NOSA CLASE A MELLOR ENFERMEIRA DE AMBULANCIA QUE COÑECEMOS:

Hoxe, tivemos a gran sorte de que a nai de Nahir que é enfermeira de ambulancia, nos contou un montón de cousas da súa profesión.




O UNIFORME:

Contounos que nos hospitales usan a camisa e o pantalón blanco, na consulta do pediatra a bata blanca, na ambulancia o pantalón e chaleco verde  e gris e, cando entran a quirófano teñen que poñer: gorro, mascarilla, bata e guantes.



UNIFORME ENFERMERA - diapositivas

MATERIAIS QUE LEVAN NO SEU MALETÍN:

Ensinounos un montón de materiais que teñen que levar para poder curar á xente enferma:  gasas, suero, tesoiras, desinfectante, linterna, fonendoscopio, tensiómetro, xiringas, vendas, termómetro, caixas de medicamentos,  férula, ...
Algunhas son difíciles de pronunciar, pero agora, xa sabemos para que sirven.





MATERIAIS ENFERMEIRA - diapositivas

MATIPULAMOS ALGÚNS DOS MATERIAIS:

A mamá de Nahir, deixou que tocaramos as cousas que trouxo, escoitamos co fonendoscopio os latexos do corazón, tomounos a tensión, vendounos, tivemos as xiringas na man,...





MANIPULANDO MATERIAIS DE ENFERMEIRA - diapositivas

DESPEDIDA:

Como despedida, tróuxonos unhas pulseras con forma de hueso, uns tatus e, unhas gominolas.




MOITÍSIMAS GRAZAS !





No hay comentarios:

Publicar un comentario