Mañá venres, todos os nenos e nenas que fixeron o gusano empregando os cartóns dos ovos, poderano levar para a casa. Estes días despois de pintalos, puxémoslle unhas anteniñas.
Pegámoslles uns olliños e unha boquiña.
E listos .................... !
Espero que vos gusten, os nenos-as están encantados.
Hoxe, saimos a Vigo a ver unha obra titulada: " Kri, Kra, Kro ", aínda que cara o final os nenos-as xa estaban un pouco cansos, no principio ríronse bastante.
Este luns, cando chegamos ao cole e nos dispuxemos a dar de comer e limpar os gusanos, SORPRESA !, un deles estaba a facer o casulo e, agora xa algún máis se empeza a animar.
En breve, poderedes ver un mural moi chulo que estamos a facer e que decidimos titular: OS BOMBEIROS APAGALUMES DE 4 ANOS. Polo de agora mirade como traballamos nel.
Pouco a pouco van chegando máis traballos das olimpiadas do saber. A Alei gústalle: " El lobo y los siete cabritillos " porque ao final o lobo cae no río. A Jorge gústanlle os contos de piratas porque teñen garfios, pistolas ... A Miguel gústalle: " Los tres cerditos ", porque al final el lobo se quema el culete.
Este mércores, visitáronnos os bomberos no cole. Ensináronos moitas cousas: o casco, a máscara que teñen que poñer para que o fume non lle faga mal, a chaqueta, a monxa, as botas, a bombona de aire, a manguera ...
Todos os días dámoslle de comer aos gusanos e, cando teñen moitas cacolas limpámosllas. Cada día están máis grandes. Como os observamos tanto, imos descubrindo cousas, hoxe parecíunos que tiñamos un morto pero, nada de iso, era a pel, cambian de pel igual que as serpes.
Empezan a chegar os primeiros traballos das olimpiadas do saber deste mes de maio. A Lucía gústalle o conto, " La cenicienta ", porque os ratiños son moi simpáticos e fana rir. A Radu gústalle moito " Cars 2 ". A Hugo gústalle " Bambi " porque ten moitos animais. Mauro prefire " Peter Pan " porque sempre lle gana a Garfio. Sodes moi sabiosssssss !
Despois de tanto esperar, este luns, saimos ao patio do cole para ver si conseguíamos ver as cores do arco da vella. Puxémonos mans á obra e, o primeiro foi coller os obxectos que necesitabamos:
UN ESPELLO:
UN TAPER:
AUGA:
E UN FOLIO:
Con todo listo, saimos ao patio e:
PUXEMOS A AUGA DENTRO DO TAPER:
O ESPELLO DENTRO DA AUGA:
COLOCAMOS O ESPELLO DE MANEIRA QUE O SOL DERA NO ESPELLO E, AHÍ ESTABAN AS CORES DO ARCO DA VELLA REFLEXADAS NO FOLIO:
CHEGOU Á NOSA CLASE A MELLOR ENFERMEIRA DE AMBULANCIA QUE COÑECEMOS:
Hoxe, tivemos a gran sorte de que a nai de Nahir que é enfermeira de ambulancia, nos contou un montón de cousas da súa profesión.
O UNIFORME:
Contounos que nos hospitales usan a camisa e o pantalón blanco, na consulta do pediatra a bata blanca, na ambulancia o pantalón e chaleco verde e gris e, cando entran a quirófano teñen que poñer: gorro, mascarilla, bata e guantes.
Ensinounos un montón de materiais que teñen que levar para poder curar á xente enferma: gasas, suero, tesoiras, desinfectante, linterna, fonendoscopio, tensiómetro, xiringas, vendas, termómetro, caixas de medicamentos, férula, ...
Algunhas son difíciles de pronunciar, pero agora, xa sabemos para que sirven.
A mamá de Nahir, deixou que tocaramos as cousas que trouxo, escoitamos co fonendoscopio os latexos do corazón, tomounos a tensión, vendounos, tivemos as xiringas na man,...
Nada máis chegar vimos un pouquiño o entorno e unha mascota moi simpática que tiñan alí, unha troita.
Despois como chovía un pouco, e, non poidemos buscar animais, o monitor ensinounos algúns deles en imaxes, logo estivemos vendo, como a auga pasaba por debaixo do muiño para facelo funcionar.