Mañá venres, todos os nenos e nenas que fixeron o gusano empregando os cartóns dos ovos, poderano levar para a casa. Estes días despois de pintalos, puxémoslle unhas anteniñas.
Pegámoslles uns olliños e unha boquiña.
E listos .................... !
Espero que vos gusten, os nenos-as están encantados.
Hoxe, saimos a Vigo a ver unha obra titulada: " Kri, Kra, Kro ", aínda que cara o final os nenos-as xa estaban un pouco cansos, no principio ríronse bastante.
Este luns, cando chegamos ao cole e nos dispuxemos a dar de comer e limpar os gusanos, SORPRESA !, un deles estaba a facer o casulo e, agora xa algún máis se empeza a animar.