lunes, 29 de abril de 2013

SAÍDA AO CONCERTO EN QUINTELA



O venres pasado, fomos ao conceto de música a Quintela, alí pudemos ver que dentro dunha caixa, calquer cousa pode aparecer e, a partir dela podemos inventar unha historia.
Tamén pudemos ver as diferentes combinacións que se poden facer cos instrumentos musicais e que, cada unha era  mellor que a anterior.
Pero o máis importante de todo, é que disfrutamos un montón!




XA TEMOS A NOSA CAIXA DE MÚSICA

Por fin, xa temos a nosa caixa de música:



Pero para conseguila, tivemos que traballar moito, mirade na presentación xa veredes:




caixa de música 2 - foto montaje

Pero, o esforzo sempre vale a pena, agora, podemos aprender e divertirnos:




O INSTRUMENTO DE EVELYN

Evelyn tróuxonos un novo instrumento para a nosa caixa de música:


OBSERVAMOS OS GUSANOS DE SEDA

Cada día o encargado dalle de comer as follas de moreira aos gusanos, os demais imos observando como medran e como pouco a pouco se lle van diferenciando diferentes partes do corpo, agora por exemplo, xa somos capaces de verlle a cabeza e os pes.





NOVO LIBRO NO RECUNCHO DA BIBLIOTECA

Despois de estar varias semanas no mural do pasillo, agora xa forma parte do noso recuncho da biblioteca o conto: " O ALBANEL ALBERTO ", feito entre todos, por eso, é un dos que máis nos gusta.
O outro día Radu contoullo aos seus compañeiros-as.


miércoles, 24 de abril de 2013

MÁIS INSTRUMENTOS PARA A CAIXA DE MÚSICA

A verdade é, que está sendo un grade éxito esto de facer a nosa caixa de música, cada vez chegan máis instrumentos e, aos nenos-as, gústalle moito tocalos e, escoitar o son que producen e, adiviñar de que instrumento se trata.
Hoxe foron Nidia, Radu e Jorge quenes nos trouxeron: matasogras, maracas e órgano.
Cando teñamos a caixa ben decorada poñeremos unha foto para que todos a vexades, de momento so coloreamos algúns instrumentos que lle imos pegar.






martes, 23 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

Hoxe foi o día do libro, dende o colexio imos propoñer unha actividade: inventar un conto entre todas as familias, levaredes unha carpeta cun folio e, teredes que continuar a historia e ilustrala.
En breve pasaremos a circular informando.
Nos na clase tamén tivemos un momento adicado a este día, no que os nenos-as empregaron o recuncho da biblioteca para "ler " contos: