jueves, 21 de marzo de 2013

OLIMPIADAS DO SABER

Neste mes de marzo, eramos os alumnos-as de 4 anos os encargados de investigar cousas sobre ferramentas antiguas, algúns dos nenos-as xa nos achegaron os seus coñecementos.

XOEL, contounos sobre as máquinas de escribir antiguas que, había que presionar fortemente as teclas para escribir:


MAURO, informounos de que antes as máquinas de coser, non eran eléctricas e para que funcionasen había ou ben darlle aos pedales ou á manivela:


HUGO, falounos do yunque, un soporte de ferro que, empregaban os ferreiros para traballar encima del:


ALEI, tróuxonos á clase un antiguo cepillo de carpinteiro que pertencía ao seu avó, agora son eléctricos pero, naqueles tempos, eran de madeira e ferro e, empregábanse para rebaixar a madeira.



LUCÍA, EVELYN E MIGUEL, contáronnos das planchas que había antes, eran de ferro e tiñan un mango de madeira, eran de carbón e, para que funcionasen non se enchufaban como as de agora, había que meterlles dentro carbón; as planchadoras tiñan que ter coidado porque, ás veces saltaban faíscas e queimaban a roupa.
Descubrimos tamén que debido ao material do que estaban feitas antes non se decía planchar senón, pasar o ferro.
Grazas á avoa de EVELYN, pudemos ver unha de verdade.















miércoles, 20 de marzo de 2013

MIRANDO QUE NÚMERO CALZAMOS

Hoxe, para rematar os traballos gráficos que fixemos co motivo da saída a Balaídos, os nenos-as, tiñan que colorear unhas botas de futbol, escribir BOTAS e, poñer o número que terían que ter para que nos servisen.

Foi entón cando xurdiu unha pregunta:
  •  que temos que facer si queremos comprar unhas botas de futbol ?. As respostas non tardaron en saír: - ir a unha tenda e compralas.
  • Continuaron as preguntas: como sabe a/o dependente cales son as que me sirven ?- rápidamente contestaron que lle tiñamos que decir o número.
  • como sabemos o número ?- de inmediato dixeron que o tiñamos que mirar no zapato.

Pois iso foi o que fixeron, buscar no seu zapato, o número que usaban.

Xa sabemos algunha utilidade máis que teñen os números na vida diaria.








DEBUXOS

Os nenos-as de catro anos, despois de almorzar, falar de como se sentiron no almorzo e decir  o que máis lle gustara, fixeron uns debuxos moi bonitos, mirade:


ALMORZO EN FAMILIA

A invitación tivo un moi bo resultado xa que hoxe mércores, a maioría dos nenos-as da clase, acudiron co seu pai ou a súa nai para almorzar no cole. Todo un éxito !, algúns ata tomaron alimentos que na casa non lle gustan !.





almorzo en familia - diapositivas

Despois, do grande almorzo, na clase estivemos a falar de como se sentiron, todos-as afirmaron que moi ben, moi contentos menos Radu, parece que estaba un pouco triste porque manchou co plátano a roupa do seu pai, os compañeiros-as aconselláronlle que lle pedise perdón e listo.

En canto ao que máis lle gustou tomar, estas foron as súas respostas:

XOEL: os cereais de chocolate que nunca os probara.
EVELYN: os cereais.
NAHIR: las tostadas con mermelada.
MIGUEL: cereales de chocolate.
NIDIA: as fresas.
ALEI: leite e zumo.
RADU: las tostadas con mantequilla y mermelada.
LUCÍA: cereales.
DANIEL: cereales y zumo.
HUGO: todo.
MAURO: cereales de chocolate con leche.
PABLO: cereales de chocolate.


INVITACIÓN PARA O ALMORZO

Este luns , os alumnos-as da clase de 4 anos, prepararon unha invitación para regalarlla o martes aos papás para que viñesen a almorzar con eles ao colexio o mércores.
Pintaron un coelliño, colorearon a invitación, escribiron o texto coa axuda da profe e listo.










lunes, 18 de marzo de 2013

VISITA A BALAIDOS

O venres todos os nenos e nenas do colexio, foron ao estadio de futbol de Balaidos, penso que lle gustou bastante e, algunhas cousas aprenderon.

O primeiro que viron foi a sala de prensa, donde os periodistas lles fan preguntas aos xogadores:


A continuación foron ao museo, viron claro está moitos trofeos, a fotografía do primeiro Real Club Celta, como eran as equipaxes dos futbolistas, as primeiras pelotas, o autobús no que viaxaban, tamén a súa mascota " Celestino ", o trofeo máis importante que, precisamente é o máis pequeno, outros importantes gañados en Vigo, como eran as primeiras maletas nas que levaban as equipaxes, ... A verdade, todo moi interesante mirade a presentación e veredes:





visita a balaidos ( museo ) - foto montaje

Despois da visita ao museo, baixamos aos vestuarios:


Pero o que máis ilusión lles fixo, foi saír ao campo a través do túnel, como os verdadeiros xogadores:


Unha vez no campo, puideron observar o grande que era e, non se resistiron a facer unhas carreiriñas :





visita a Balaidos ( campo ) - diapositivas

Todo fenomenal e como non, para despedirnos unha foto para o recordo:


jueves, 14 de marzo de 2013

SOMOS FUTBOLISTAS

Co motivo da saída a BALAIDOS, estes días estivemos a ver como era o traxe que usan, escoitamos o himno, ... e algunhas cousiñas máis, entre elas, mirade o ben que se meteron dentro dun traxe de futbolista, está claro que moitos ata saben cal é o equipo que máis lles gusta.
MIGUEL

XOEL

ALEI

HUGO

MAURO

NIDIA

EVELYN

LUCÍA

PABLO

DANIEL

JORGE

NAHIR