A semana pasada, falando sobre algunhas imaxes do inverno, xurdio o arco da vella, tiñamos bastantes dúbidas así que, nos puxemos a investigar e, a verdade é que xa sabemos que: - ten 7 cores.
- esas cores son: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, añil e violeta.
- ten forma de semicírculo.
Despois destas averiguacións, decicimos a partir das cores primarias, fabricar as demais cores do arco da vella, e vimos que:
- mezclando vermello + amarelo tiñamos o laranxa.
- mezclando amarelo + azul tiñamos o verde.
- mezclando vermello + azul tiñamos o violeta e,
- mezclando azul - negro tiñamos o azul escuro.
A verdade é que foi moi divertido mirade xa veredes que ben nos sairon as cores:
No hay comentarios:
Publicar un comentario