HOXE, CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE: NAHIR, ALEI E MAURO.
DESPOIS DE XOGAR E BAILAR, TOMAMOS COMO SEMPRE, TODAS ESAS COUSAS RIQUÍSIMAS QUE TRAEDES; A MAMÁ DE NAHIR ENCARGOUSE DE TRAER A TARTA, RIQUÍSIMAAAAAAA!.
COMO TODOS-AS SABEDES, ONTE FOMOS Á GRANXA-ESCOLA APÍPOLIS.
AO CHEGAR E DESPOIS DAS PRESENTACIÓNS, OS MONITORES FIXERON DOUS GRUPOS OS CALES FORON ROTANDO POR TALLERES: SALA DE EXPOSICIÓNS, COCIÑA, APICUARIO , EMBASADO DA MEL E ELABORACIÓN DE VELAS.
SALA DE EXPOSICIÓNS: AQUÍ COÑECIMOS DATOS IMPORTANTES SOBRE AS ABELLAS.
PERO SEN DÚBIDA O MÁIS ESPERADO FOI O DO APICUARIO: ALÍ VESTIMOS O TRAXE DE APICULTOR E, POIDEMOS OBSERVAR AS ABELLAS DENDE MOI CERCA E APRENDER MOITO DELAS.
Menuda sorpresaaaaaaa!, hoxe cando chegamos ao cole, vimos que nos sairon un montón de bolboretas, dúas xa están apareadas co cal, seguramente xa poñan moi prontiño os ovos. E nos que creiamos que xa non nos daría tempo de velas sair dos casulos. Menuda sorte !.
Hoxe, tivemos unha sorpresa, aínda que na nosa clase seguimos a coidar do vermiño que aínda non fixo o casulo e, a observar si os nosos casulos se convirten en bolboreta, na clase da profe Olga, xa saíu unha bolboreta, pedímoslle por favor si a podiamos ver e, os de 5 anos que son tan bos e a súa profe tamén, deixáronola ver. Que pasada.........!
Este martes, visitounos Ana, a mamá de Hugo que é peluqueira.
Ensinounos un montón de materiais que emprega: maquinilla para cortar o pelo, a navalla de afeitar, os tubos para encrechar o pelo, os bigudíes, as planchas, a pistola de queratina para pegar as extensións, diferentes tipos de peines, as tesoiras que cortan e as que rebaixan o pelo.
Un montón de cousas que nos van a dar xogo para traballar esta semana.