lunes, 29 de abril de 2013

SAÍDA AO CONCERTO EN QUINTELA



O venres pasado, fomos ao conceto de música a Quintela, alí pudemos ver que dentro dunha caixa, calquer cousa pode aparecer e, a partir dela podemos inventar unha historia.
Tamén pudemos ver as diferentes combinacións que se poden facer cos instrumentos musicais e que, cada unha era  mellor que a anterior.
Pero o máis importante de todo, é que disfrutamos un montón!




XA TEMOS A NOSA CAIXA DE MÚSICA

Por fin, xa temos a nosa caixa de música:



Pero para conseguila, tivemos que traballar moito, mirade na presentación xa veredes:




caixa de música 2 - foto montaje

Pero, o esforzo sempre vale a pena, agora, podemos aprender e divertirnos:




O INSTRUMENTO DE EVELYN

Evelyn tróuxonos un novo instrumento para a nosa caixa de música:


OBSERVAMOS OS GUSANOS DE SEDA

Cada día o encargado dalle de comer as follas de moreira aos gusanos, os demais imos observando como medran e como pouco a pouco se lle van diferenciando diferentes partes do corpo, agora por exemplo, xa somos capaces de verlle a cabeza e os pes.





NOVO LIBRO NO RECUNCHO DA BIBLIOTECA

Despois de estar varias semanas no mural do pasillo, agora xa forma parte do noso recuncho da biblioteca o conto: " O ALBANEL ALBERTO ", feito entre todos, por eso, é un dos que máis nos gusta.
O outro día Radu contoullo aos seus compañeiros-as.


miércoles, 24 de abril de 2013

MÁIS INSTRUMENTOS PARA A CAIXA DE MÚSICA

A verdade é, que está sendo un grade éxito esto de facer a nosa caixa de música, cada vez chegan máis instrumentos e, aos nenos-as, gústalle moito tocalos e, escoitar o son que producen e, adiviñar de que instrumento se trata.
Hoxe foron Nidia, Radu e Jorge quenes nos trouxeron: matasogras, maracas e órgano.
Cando teñamos a caixa ben decorada poñeremos unha foto para que todos a vexades, de momento so coloreamos algúns instrumentos que lle imos pegar.






martes, 23 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

Hoxe foi o día do libro, dende o colexio imos propoñer unha actividade: inventar un conto entre todas as familias, levaredes unha carpeta cun folio e, teredes que continuar a historia e ilustrala.
En breve pasaremos a circular informando.
Nos na clase tamén tivemos un momento adicado a este día, no que os nenos-as empregaron o recuncho da biblioteca para "ler " contos:



PANTAIA DIXITAL

Estos días estamos vendo na PDI imaxes de Barosa, para que os nenos-as se vaian familiarizando coa visita que imos facer o martes 30 de abril.
Están a coñecer como é a vexetación: árbores e plantas.
E tamén a fauna: animais mamíferos, aves, peixes, anfibios e reptiles.




MÁIS INSTRUMENTOS PARA A NOSA CAIXA DE MÚSICA

Hoxe Daniel tróuxonos unha flauta e Nahir repite coa súa axuda e, tróuxonos unha campanilla.



lunes, 22 de abril de 2013

A NOSA CAIXA DE MÚSICA

Hoxe, comenzamos a traer instrumentos para facer a nosa caixa de música, tocamos e xogamos con eles a adiviñar cal era o que soaba sin estar véndoo.
Despois, estivemos a pintar e recortar algúns instrumentos de música para decorala.
Xa está todo en marcha pero, aínda queda moito por facer:


MURAL DE PRIMAVERA REMATADO

O traballo vai dando o seu froito, xa rematamos o mural da privavera feito coa técnica do punteado, quedou moi bonito, tamén o poderedes ver no pasillo do cole:



MÉDRANNOS OS GUSANOS DE SEDA

Como todos sabedes, fai unhas semanas que temos na clase os gusanos de seda, cada día o encargado ponlle de comer as follas de moreira.
Pouco a pouco van medrando, mirade xa veredes:


martes, 16 de abril de 2013

O NOSO PRIMEIRO DICCIONARIO GALEGO-RUMANO

Despois de tanto traballo, hoxe, rematamos o noso primeiro diccionario, levámolo para a casa e así, cando non se nos acorden as palabras que aprendimos en rumano, podémolas mirar nel:


FACENDO O DICCIONARIO GALEGO-RUMANO

Como ven sabedes grazas a Mónica a mamá de Radu, aprendemos varias palabras en rumano. Con elas fixemos un pequeno diccionario para o cal, tivemos que traballar duro:

  • Escribir a palabra en galego.
  • Recordar como se decía en rumano.
  • Escribila en rumano.

Tivemos eso sí un axudante moi guai: RADU.


lunes, 15 de abril de 2013

MURAL PRIMAVERA

Comenzamos a semana continuando o noso mural de primavera coa técnica do punteado. Como o prometido é deuda, hoxe cambiamos o traballo pintaron os que o outro día non pintaran no mural e os demais, fixeron adornos para colgar na clase.
Mirade que ben traballaron, seguramente nos vai quedar xenial:











jueves, 11 de abril de 2013

TEATRO INGLÉS

Hoxe tivemos saída á Quintela para ver unha obriña en inglés, aquí tendes como foi a chegada, e o momento da obra:








miércoles, 10 de abril de 2013

MURAL DA PRIMAVERA

Hoxe comezamos a facer un fermoso mural da primavera que pronto veredes no taboleiro do pasillo, empregamos a técnica do punteado pero feita cos dedos e témpera.
Mentras uns pintaban no mural, outros preparaban uns adorniños de primavera para decorar a clase.
En próximos días intercambiaremos os papeis para que todos fagan de todo.






REFLEXIÓN DO CONTO

Despois da visita de Mónica, fixemos unha reflexión do que nos quería decir o conto, todos estaban dacordo co que dixo Nidia: 
HAI QUE COMPARTIR !


VISITA DE MÓNICA

Este martes tivemos a sorte de ter a visita no cole da mamá de Radu, grazas  a ela, tivemos un pequeno achegamento á lingua rumana.
Mónica exerceo a profesión de TRADUCTORA e grazas a ela coñecemos un conto popular rumano: ! PUNGUTA CU DOI BANI " ( " La bolsa de las dos monedas " ).




visita mónica 1 - foto montaje

Despois de traducirnos o conto na biblioteca, fomos á clase e ensinounos como se decía en rumano, algunhas das palabras que aparecían no conto.
Cada neno-a escribiu unha palabra no encerado e Mónica escribiuna en rumano.

lunes, 8 de abril de 2013

OS GUSANOS DE SEDA

O venres, cando os nenos-as chegaron á clase viron que había unha cousa nova:

UNHA CAIXA


Despois de darlle algunhas pistas do que podería haber nela, adiviñárono:

GUSANOS DE SEDA


Despois de velos un a un, coloquei a caixa no recuncho e observáronos un pouquiño máis.

OBSERVACIÓN COLECTIVA


Agora temos que coidalos, grazas á profe Yolanda que o curso pasado tamén trouxo gusanos, xa saben que hai que darlles de comer follas de moreira, limpalos e observar como se van transformando de ovos a gusanos, de gusanos pequenos a gusanos grandes, como logo fan o casulo e se transforman en bolboretas.
Este curso grazas á profe María que nolos regalou poderémolo ir observando na nosa clase.



REFRÁN

Coa chegada do mes da abril, aprendimos un     REFRÁN:

EN ABRIL
AGUAS MIL



Agora xa sabemos o que quere decir, xa que, fomos analizando pouco a pouco as palabras que aparecían, pero antes de facer dita reflexión os nenos-as que viñeron á clase ese día creían que significaba:

NIDIA: vamos al agua.
NAHIR: un día nuevo.
DANIEL: teñen casas.
RADU: mil gotas.
XOEL: que hay charcos.
LUCÍA: -----------------
MIGUEL: día 4.
JORGE: ---------------
HUGO: ir a la playa.
EVELYN: agua.
ALEI: tomar desayuno.

martes, 2 de abril de 2013

CUMPLEANOS DO MES DE MARZO

Aquí tendes unha pequena presentación coa celebración do cumpleanos dos nenos que fixeron 5 anos no pasado mes de marzo: Hugo, Miguel e Jorge, que maiores, agora a portarse coma tal !



BÚSQUEDA DOS OVOS DE PASCUA

O último día do cole, todos os nenos-as,fixeron coa profe Patricia a búsqueda dos ovos de pascua, cada neno-a tiñan o metade dun ovo feito en cartolina, tratábase de atopar a metade igual a que tiñan, desta maneira, conseguían os ovos que levaron na cestiña decorada por eles para a súa casa. Foi ben divertido  a pesares de que a algún neno-a custoulle bastante atopar o ovo !.



OLIMPIADAS DO SABER

Entre o último día de escola e hoxe, os nenos-as da clase, seguiron facendo as súas achegas para contarnos os seus descubrimentos das ferramentas empregadas antiguamente.

RADU: contounos do microscopio, un aparello empregado para ver aquelas cousas que nos resulta imposible ver cos nosos propios ollos,  deunolo a coñecer GALILEO GALILEI.


JORGE: trouxonos información das planchas, os gregos planchaban cunha barra de ferro cilíndrica que quentaban; os vikingos planchaban cunha peza de ferro como un hongo invertido; no século XV á plancha chamábanlle " caja caliente ".


NAHIR: falounos do berbiquí, ferramenta empregada para facer os buracos na madeira, a súa evolución deu lugar ao taladro de man que hoxe en día é substituido polo eléctrico.