DURANTE ESTOS DÍAS, ESTAMOS A PREPARAR O DECORADO PARA FACER A DRAMATIZACIÓN DA CANCIÓN OS OFICIOS DE TERESA RABAL, ESTANOS A QUEDAR MOI BEN, EN CANTO Á DRAMATIZACIÓN, TEDES QUE AGARDAR UN POUQUIÑO PARA VELA XA QUE, NECESITAMOS MÁIS DÍAS DE ENSAIO E SOBRE TODO, CHEGAR A UN ACORDO NO REPARTO DAS PERSONAXES, ESO SÍ QUE NOS ESTÁ COSTANDO !... TODOS QUEREMOS SER O MESMO !... CON PACIENCIA COMO DICÍA O SEÑOR RAMÓN, O ACORDO CHEGARÁ. MESTRAS, VOTÁDELLE UNHA OLLADA A COMO TRABALLAMOS.
O OUTRO DÍA DESPOIS DUNHA ACTIVIDADE DE RELAXACIÓN NA QUE TIVEMOS QUE PECHAR OS OLLOS E IMAXINAR QUE ERAMOS MAIORES, CADA UN DÍXOLLE Á PROFE INÉS O QUE QUERÍA SER .
XA VEDES QUE EN MOAÑA NON IDES TER PROBLEMAS DE ORDE VISTO A CANTIDADE DE POLICÍAS QUE IDES TER. AGORA XA TEMOS OS OFICIOS ASÍ QUE, A TRABALLAR SOBRE ELES !.
RELACIONADO CO PROXECTO QUE NOS OCUPA ESTE CURSO, OS ALUMNOS-AS DE 4 ANOS ESTÁN A APRENDER ALGUNHAS ADIVIÑAS, A VERDADE É QUE AS ACERTAN BASTANTE BEN. PREGUNTÁDELLE NA CASA XA VEREDES:
FAI UNHAS SEMANAS, VISITARON O NOSO COLEXIO UNS POLICÍAS QUE NOS ENSINARON COMO É UN COCHE DE POLICÍA. NÓS, FIXÁMONOS MOITO E AGORA, DECIDIMOS FACER UN PARA NÓS, A ACTIVIDADE FOI COMPLICADA: 1º PINTAMOS O COCHE. 2º BUSCAMOS A PALABRA POLICÍA, O NÚMERO QUE APARECÍA NO COCHE E O ESCUDO DE ENTRE OUTROS. 3º PICÁMOLOS. 4º PEGÁMOLOS NO COCHE. 5º PICAMOS A PORTA. 6º PINTAMOS O CORPO QUE HABÍA DENTRO. 7º BUSCAMOS A NOSA FOTO. 8º PEGÁMOLA, E AQUÍ TENDES UN EXEMPLO DE COMO QUEDARON:
A SEMANA PASADA ESTIVEMOS TRABALLANDO ALGUNHAS COUSAS DO OUTONO, FALAMOS DALGÚNS FROITOS DO MOMENTO, ANIMAIS QUE PODEMOS ATOPAR FÁCILMENTE, ALGUNHA DAS PROFESIÓNS CARACTERÍSTICAS DESTA ESTACIÓN ...
CON TODO ELO APROVEITAMOS PARA TRABALLAR CONCEPTOS DA LÓXICO-MATEMÁTICA,GRAFOMOTRICIDADE E, LECTO-ESCRITURA.
A SEMANA PASADA, TIÑAMOS UN POUCO DE LÍO CO MOMENTO NO QUE NOS ATOPAMOS, UNS QUE SI XA ERA NADAL, OUTROS QUE SI ERA INVERNO ... PARA QUE O AMBIENTE NOS AXUDE UN POUCO, DECIDIMOS VESTIR A CLASE DE OUTONO ASÍ QUE, PINTAMOS CON PINCEL UNHAS FOLLAS PARA COLGAR NO TEITO, RECUPERAMOS UNHAS CASTAÑAS DO CURSO PASADO E, ALGUNHAS COUSIÑAS MAIS, ESPERO QUE AGORA NON TEÑAMOS TANTO LÍO.
POR FIN, XA CHEGOU O MAGOSTO, A FESTA DAS CASTAÑAS, NA CLASE, PICAMOS UNHAS CABAZAS PARA FACER UNHA COROA E, O DÍA DA CELEBRACIÓN CANTAR A CANCIÓN: " CORRE, CORRE CABACIÑA " BEN GUAPOS E GUAPAS.
TAMÉN COLOREAMOS E PICAMOS UNHAS CASTAÑAS, PARA DECORAR OS CUCURUCHOS.
NA SEGUINTE PRESENTACIÓN, PODÉDESVOS DAR UNHA IDEA DE COMO FOI.
COMO BEN SABEDES, ESTAMOS A TRABALLAR O PROXECTO : " EU QUERO SER ", APROVEITANDO O NOSO ENRIQUECEDOR ENTORNO E AS NOSAS TRADICIÓNS, DESCUBRIMOS UNHA DAS ACTIVIDADES PROPIAS DO OUTONO E QUE OXALÁ NON DESAPAREZA COMO TANTAS OUTRAS: A CASTAÑEIRA.
O PASADO 31 DE OUTUBRO, CELEBRAMOS NO COLEXIO O SAMAÍN, FIXEMOS VARIOS TALLERES: XOGO DAS SILLAS; TALLER DE MAQUILLAXE E, TALLER DE COCIÑA. MIRADE QUE BEN O PASAMOS !