miércoles, 31 de octubre de 2012

TRABALLOS INDIVIDUAIS

DURANTE ESTOS DÍAS APRENDIMOS ALGUNHAS COUSAS SOBRE AS BRUXAS QUE, REFLEXAMOS NALGÚN TRABALLO QUE REALIZAMOS DE FORMA INDIVIDUAL E, NO QUE TRABALLAMOS ALGO DE GRAFOMOTRICIDADE, LECTOESCRITURA E LÓXICO-MATEMÁTICA.

AS NOSAS CABAZAS

ESTES DÍAS TIVEMOS NO NOSO COLEXIO,UNHA FANTÁSTICA EXPOSICIÓN DE CABAZAS QUE, FOI GRAZAS Á PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS DOS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS. MIRADE QUE BEN QUEDOU,  A QUE VALE A PENA O ESFORZO ?.

martes, 30 de octubre de 2012

CANCIÓN: LA BRUJITA TAPITA

MIRADE QUE BEN CANTAMOS A CANCIÓN: " LA BRUJITA TAPITA ". ESTA FOI A CANCIÓN QUE APRENDIMOS CO MOTIVO DO SAMAÍN E, APROVEITANDO QUE ESTAMOS A APRENDER COUSAS DE BRUXAS, NON PODÍA FALTAR UNHA CANCIÓN.

COCHE DE POLICÍA

   HOXE VIMOS UN COCHE DE POLICÍA. GUSTOUNOS MOITO PORQUE, O POLICÍA DEIXOUNOS POÑER AS LUCES E A SEREA, TAMÉN NOS ENSINOU AS ESPOSAS, A LINTERNA, A CINTA QUE USAN PARA PRECINTAR RECINTOS, E POIDEMOS PROBAR O CHALECO, FOI XENIAL !. MOITAS GRAZAS PAPÁ DE DIEGO DE 3 ANOS POR DARNOS ESTA OPORTUNIDADE.

ANIVERSARIO DE EVELYN

   ESTE VENRES FOI O ANIVERSARIO DE EVELYN, XA TEN 4 ANOS.AÍNDA QUE NON ESTABAMOS TODOS DEBIDO AO VIRUS QUE ATACOU Á NOSA CLASE, PASÁMOLO MOI BEN, BAILAMOS, CANTAMOS E, COMIMOS TODAS AS COUSAS QUE EVELYN NOS TROUXO, SOBRE TODO ESA TARTA TAN CHULA DE BOB ESPONJA.
FELICIDADES EVELYN !.

lunes, 29 de octubre de 2012

TALLER DE BRUXAS

SI VOS APETECE FACER BRUXAS COMA AS QUE FIXEMOS NA NOSA CLASE NO TALLER DE BRUXAS, AQUÍ ESTÁN OS MATERIAIS E PASOS A SEGUIR:

MATERIAIS: cartulina negra, culler de pao, témperas, lá, plastilina, plástico que queda despois de tomar as pastillas ( reciclamos ), gomets.
 

PASOS:
 


1º: Pintamos a culler con témpera.


2º: Picamos dous triángulos en cartulina negra, un grande para facer o vestido e , un pequeno para facer o gorro. Recortamos unhas tiras para facer os brazos.
 
 
3º: Pegámoslle as mans ( gomets ).
 
 
4º: Poñemos  o pelo feito coa lá.
 

5º: Pegamos as diferentes partes sobre a culler.



6º: Facemos os ollos con plasti e cos restos que quedan das pastillas.


7º: Pintámoslle a boca.


8º: Pintámoslle o naris.


9º: Listas !...




 
 
 



  



CONTOS

LA BRUJA QUE CONSIGUIÓ FLOTAR

Este foi o  conto que, estivemos escoitando estos días debido a temática que estamos a tratar, encontrámolo en internet e pareceunos moi divertido.
Despois de escoitalo fixemos un debuxos a partir del.
 


CONXURO

   NO TEMPO DE SAMAÍN, OS ALUMNOS-AS DA CLASE DE 4 ANOS, APRENDEMOS ALGUNHAS COUSAS DE BRUXAS, POR EXEMPLO, QUE FAN CONXUROS, ASÍ QUE, NÓS PREPARAMOS O NOSO PARTICULAR, ASÍ NOS QUEDOU:



jueves, 25 de octubre de 2012

SAMAÍN

ESTÁ CHEGANDO O SAMAÍN


   Como a piques está de chegar o Samaín, os nenos e nenas da clase de 4 anos, imos colaborar na decoración do Cole facendo unhas cabazas, a verdade e que tivemos que picar bastante pero o resultado foi moi chulo a que si ?.
 

 
 

lunes, 22 de octubre de 2012

PROXECTO: EU QUERO SER ...

DURANTE ESTE CURSO IMOS TRABALLAR CO PROXECTO: " EU QUERO SER ... ".

NA CLASE DE 4 ANOS EMPEZAMOS POR FALAR DAS COUSAS ÁS QUE SE ADICAN OS MAIORES, ENTRE ELAS, FALAMOS DAS PROFESIÓNS DOS NOSOS PAIS E NAIS, A VERDADE É QUE AS COUSAS NON ESTABAN MOI CLARAS E SENÓN MIRADE CALES FORON ALGUNHAS DAS RESPOSTAS:

HUGO: MI MADRE ES PELUQUERA, MI PADRE NO SÉ.
NAHIR: MI MADRE TRABAJA DE MUCHAS COSAS.
XOEL: MI PADRE TRABAJA CON EL DINERO.
PABLO: YO NO SÉ.
EVELYN: MI MAMÁ TRABAJA EN EL PESCADO.
DANIEL: NON SEI.
MIGUEL: MI PADRE HACE CASAS.
JORGE: MI PADRE VIGILA EN SU TRABAJO.
NIDIA: MIS PADRES TRABAJAN EN UN BAR.
RADU: MI PADRE TRABAJA CON SU COCHE.
ALEI: NO LO SÉ.
LUCÍA: MI MAMÁ ES CAMARERA.
MAURO: CON SPIDERMAN.

COMO TODO ESTABA UN POUCO VERDE, DECIDIMOS ESCRIBIRLLE AOS PAIS/NAIS, PARA QUE FOSEN ELES MESMOS/AS, AS/OS QUE NOS CONTASEN CAL É O SEU OFICIO, QUE FAN NEL E QUE FERRAMENTAS EMPREGAN, PARA LOGO CONTARLLO AOS DEMAIS COMPAÑEIROS/AS, TAMÉN LLE PEDIMOS RECORTES DE REVISTAS E UNHA FOTO PARA FACER UN TRABALLO IMPRESO.

AGORA SI SABEMOS CAL É O OFICIO DOS NOSOS PAIS E NAIS, QUE FAN NO SEU TRABALLO E, ALGUNHAS DAS FERRAMENTAS QUE USAN, E SENÓN MIRADE:

 


 


 

jueves, 18 de octubre de 2012

TREN DE ANIVERSARIOS

PARA SABER CANDO IBAMOS ESTAR DE ANIVERSARIO, ENVIÁMOSLLES AOS NOSOS PAIS UNHA CARTA PEGUNTÁNDOLLO, FIXEMOS UN TREN: PINTÁMOLO CON PINCEL, FIXEMOS UNHAS VELAS PICÁNDOAS E PEGÁNDOAS E, PEGAMOS A NOSA FOTA NO MES CORRESPONDENTE. ESTE FOI O RESULTADO:


MIRADE COMO TRABALLAMOS E QUE BEN O PASAMOS !


miércoles, 17 de octubre de 2012

UNHA DAS PRIMEIRAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NESTE CURSO, FORON OS MANTEIS DA MERENDA XA QUE, ESTABAMOS A MANCHAR MOITO AS MESAS. TRABALLAMOS MOITO: RECORTAMOS FOTOS DE ALIMENTOS DE REVISTAS, PEGÁMOLAS, ESCRIBIMOS UNHA FRASE, PASÁMOSLLE UNHA PINTURA TUMBADA PARA DARLLE COR, A PROFE INÉS PLASTIFICOUNOLOS E, LISTOS !

NESTE CURSO CONTAMOS CON UN NOVO COMPAÑEIRO: MIGUEL !, PARA QUE COÑECERA OS NOSOS NOMES, FIXEMOS ALGÚNS XOGOS DE PRESENTACIÓN.
ÁNIMO MIGUEL !

miércoles, 10 de octubre de 2012

ALUMNOS-AS DA CLASE DE 4 ANOS

BENVIDOS AO NOSO BLOGUE, ESTES SOMOS OS ALUMNOS E ALUMNAS DA CLASE DE 4 ANOS, TENTAREMOS ESTAR PRETO DE VÓS COMPARTINDO ALGUNHAS DAS COUSAS QUE FACEMOS NO COLE. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN !